Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O Goberno quere mellorar os incentivos ás empresas con baixa sinistralidade

11-09-2015 - sinistralidade

O Goberno está a traballar no proxecto de real decreto para mellorar os incentivos que reciben as empresas que declaran baixos límites de sinistralidade laboral, tal e como se contempla na Lei de Mutuas. Con esta nova regulación preténdese simplificar o procedemento de solicitude para as empresas e axilizar o abono das primas que se estabelezan.

Como novidades, se contempla eximir á empresa de aportar a documentación que xa teña no seu poder a Administración, fixar prazos pechados para emitir a primeira resolución do expediente; o procedemento para ter acceso a estes incentivos terá en conta que a empresa teña uns índices de sinistralidade inferiores aos que se estabelezan anualmente; elimínanse a obriga de ter realizado inversións en instalacións e procesos en materia de prevención de riscos laborais; o modelo centrase na medición de resultados.

O incentivo para o primeiro ano de observación de resultados será dun 5% do importe das cotas por continxencias profesionais e dun 10% nos seguintes períodos, no caso de que os perídos de observación nos que a empresa teña dereito a incentivo sexan consecutivos.

Poderán ser beneficiarias as empresas que coticen por continxencias profesionais, que no rebasaran os límites que anualmente se estabelezan respecto aos índices de sinistralidade xeral e sinistralidade extrema. Está previsto que os límites mencionados se adapten ás circunstancias propias de cada actividade.

A financiación dependerá do 5% do saldo do Fondo de continxencias profesionais.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS