Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O Goberno autoriza a colaboración entre servizos de saúde e mutuas de accidentes de traballo para o control da incapacidade temporal

07-03-2013 - Mutuas

O Consello de Ministros aprobou quince acordos que autorizan a subscrición de convenios de colaboración con tódalas comunidades autónomas, fóra de País Vasco e Navarra, para o control da incapacidade temporal no período 2013-2016. Estes convenios permitirán, segundo o Executivo, un estreito marco de colaboración e de coordinación entre os Servizos Públicos de Saúde das comunidades autónomas e as entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social para o control eficaz desta prestación.

Os médicos de atención primaria inician e finalizan os procesos de incapacidade temporal, na maioría dos casos, mediante a expedición dos partes de alta e baixa, mentres que a prestación económica é abonada polas entidades xestoras da Seguridade Social ou as mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
Estes convenios contemplan a fixación dun programa de actividades e uns obxectivos de racionalización do gasto para cada exercicio, así como o establecemento duns obxectivos de carácter anual aos distintos Servizos Públicos de Saúde das autonomías, obtendo ademais unha información necesaria e precisa do momento no que se producen as baixas por enfermidade.
Fonte: RRHH Press

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS