Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O Goberno Vasco terá o seu primeiro plan de prevención de riscos laborais

24-04-2012 - PLAN DE PREVENCIÓN

O Goberno vasco puxo en marcha o primeiro Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais, cuxa primeira fase finalizará en 2013 e será estendido, tras unha revisión, de 2014 a 2016. Ata agora, a Administración contaba unicamente con plans sectoriais. O plan, que conta coas "achegas" e o "consenso" de todos os sindicatos, segundo a viceconsellería de Función Pública, é xa de aplicación en todo o Goberno vasco e os seus organismos autónomos, fóra da Ertzaintza, os servizos auxiliares ou os profesores de etapas non universitarias, entre outros.  

O documento recolle as políticas de prevención, as funcións e responsabilidades do mesmo ou os recursos necesarios para previr accidentes laborais no Goberno vasco. Neste sentido, a viceconsellería da Función Pública explicou que o documento ten tres obxectivos: establecer os mecanismos adecuados para asegurar o cumprimento da normativa e da regulamentación vixente en materia de prevención de riscos laborais, establecer un sistema de xestión da prevención para a protección da seguridade e saúde, e asegurar que a actividade da Administración e os seus organismos autónomos sexan coherentes coa política de prevención. Estes están divididos en 17 procedementos, que abarcan diversas situacións, dende a recepción de novos traballadores, ata simulacros, pasando por situacións de acoso laboral.

 O viceconselleiro da Función Pública, Juan Carlos Ramos, destacou nun comunicado que o plan “contribúe a mellorar a seguridade e a saúde laboral e a xerar unha cultura común en materia de seguridade e saúde laboral entre as diferentes áreas e niveis da administración”.

 A xuízo do responsable de Función Pública, un plan destas características garante “a calidade de vida laboral” e impulsa a formación e a motivación do persoal da administración pública de cara a “a protección da súa seguridade e a súa saúde”.

 

Fonte de Datos: ccaa.elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS