Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O Goberno Vasco crea un rexistro de empresas sancionadas por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais

23-11-2012 - CULTURA PREVENTIVA

O Goberno vasco, na reunión do Consello de Goberno celebrada este mércores, aprobou a creación do rexistro de empresas sancionadas por infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais.

Segundo explicou o Executivo autonómico, a sinestralidade laboral é un problema que xera un "considerable" custo humano, social e laboral, ademais de "dramáticas" situacións para os traballadores e as súas familias.

Por este motivo, considerou "prioritario" realizar unha política de prevención que garanta aos empregados niveis de protección adecuados ante os danos e enfermidades profesionais derivadas do traballo.

Para iso, ademais de esixir o cumprimento estrito da normativa de prevención de riscos laborais e fomentar a formación nesta materia, considerou necesario xerar unha "verdadeira cultura da prevención" ante os riscos laborais, actuando no campo da concienciación e sensibilización social.

Neste sentido, sinalou que dar publicidade aos que infrinxiron a normativa de prevención de riscos laborais e foron sancionados pola comisión de infraccións moi graves pode ser, entre outras, unha medida preventiva "de grande eficacia".

Ademais, apuntou que pode servir como un instrumento de sensibilización social fronte á "eiva" dos accidentes laborais.

Polo tanto, o Goberno vasco creará un rexistro de empresas sancionadas por incumprir a prevención de riscos laborais. O rexistro queda adscrito á dirección de Traballo do Departamento de Emprego e Asuntos Sociais.


BOLETÍN

A creación deste rexistro xa está prevista na Lei estatal de Infraccións e Sancións na Orde Social, que prevé a publicidade das sancións firmes impostas por infraccións moi graves en materia de riscos laborais.

As devanditas sancións, unha vez firmes, e logo de comunicación á empresa sancionada, serán publicadas no Boletín Oficial do País Vasco, mediante a resolución do máximo responsable de Trabajo. Unha vez publicadas, inscribiranse no rexistro.

A publicación especificará, entre outras cuestións, o nome da empresa, a infracción cometida e a contía da sanción económica, así como outras sancións impostas con carácter principal ou accesorio.

 

Fonte: prevencionar

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS