Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O 1 de decembro entra en vigor a nova regulación da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal

01-12-2015 - Ministerio de Emprego e Seguridade Social

O 1 de decembro entra en vigor a Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.

A partir deste momento, distínguense catro tipos de procesos de incapacidade temporal, segundo cal sexa a súa duración estimada:

- Procesos de duración estimada moi curta: inferior a cinco días naturais.

- Procesos de duración estimada curta: de 5 a 30 días naturais.

- Procesos de duración estimada media: de 31 a 60 días naturais.

- Procesos de duración estimada longa: de 61 ou máis días naturais.

O parte de baixa expedirase polo facultativo do servizo público de saúde que o realice inmediatamente despois do recoñecemento médico do traballador, ou no caso de que a baixa médica derive dun accidente de traballo ou dunha enfermidade profesional, cuxa cobertura corresponda a unha mutua colaboradora coa Seguridade Social, polo facultativo do servizo médico da propia mutua. Para o parte médico de baixa utilizarase  o modelo que figura como anexo I na Orde ESS/1187/2015.

Os partes de confirmación expediranse en función da duración estimada do proceso, conforme ás seguintes regras:

- Procesos de duración estimada moi corta: non procederá a emisión de partes de confirmación (o parte de alta emítese no mesmo momento que o parte de baixa nun único documento), salvo que o facultativo, á vista da evolución do proceso que deu lugar á baixa e considerando que o traballador non recuperou a súa capacidade laboral, modifique a duración do do proceso estimada inicialmente, expedindo, para o efecto, un parte de confirmación da baixa.

- Procesos de duración estimada curta: o primeiro parte de confirmación expedirase nun prazo máximo de sete días naturais desde a data da baixa médica. O segundo e sucesivos partes de confirmación expediranse cada catorce días naturais, como máximo.

- Procesos de duración estimada media: o primeiro parte de confirmación expedirase nun prazo máximo de sete días naturais desde a data da baixa médica. O segundo e sucesivos partes de confirmación expediranse cada vinte e oito días naturais, como máximo.

- Procesos de duración estimada longa: o primeiro parte de confirmación expedirase nun prazo máximo de catorce días naturais desde a data da baixa médica. O segundo e sucesivos partes de confirmación expediranse cada trinta e cinco días naturais, como máximo.

Os períodos establecidos para a emisión de partes de confirmación actúan como topes máximos, así pois poderían establecerse cunha periodicidade menor.

O facultativo do servizo público de saúde ou da mutua que expida o parte médico de baixa/alta e confirmación entregará ao traballador dúas copias do mesmo, unha para o interesado e outra con destino á empresa.

O traballador está obrigado a presentar á empresa a copia dos partes de baixa e confirmación destinada a ela, no prazo de tres días contados a partir da data da súa expedición.

Así mesmo, está obrigado a presentar á empresa a copia destinada a ela do parte de alta dentro das 24 horas seguintes á súa expedición.

Nos procesos de duración estimada moi curta, o traballador presentará á empresa a copia do parte de baixa/alta destinada a ela dentro das 24 horas seguintes á data do alta.

Ligazón á Orde ESS/1187/2015

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS