Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Novo Criterio Técnico da ITSS en materia de prevención de riscos psicosociais

16-04-2021 - ITSS

A Inspección de Traballo e Seguridade Social presenta o novo Criterio Técnico 104/2021 en materia de prevención de riscos psicosociais, que se estrutura en torno ás tres actuacións inspectora máis frecuentes nesta materia: A primeira refírese ás actuacións de control da xestión preventiva dos riscos psicosociais, a segunda versa sobre a protección dos traballadores/as ante a exposición a riscos psicosociais e a terceira refírese ás actuacións sobre danos á saúde e accidentes de traballo motivados por dita exposición.

Este Criterio Técnico mantén a vixencia do Criterio Técnico 69/2009 e Violencia no Traballo, tendo en conta que aínda non hai suficientes avances na xurisprudencia dos tribunais respecto ao establecemento dun concepto unívoco de acoso laboral e ao feito certo de que pode estar próxima a ratificación e aplicación do Convenio 190 da OIT sobre Violencia e Acoso no Traballo, o cal implicaría a aprobación dunha regulación legal nesta materia.

Ligazón ao Criterio Técnico 104 da ITSS en materia de prevención de riscos psicosociais

Ligazón ao apartado da nosa páxina web: Inspección de Traballo e Seguridade Social/ “CRITERIOS TÉCNICOS DA DIRECCIÓN XERAL DE ITSS”

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS