Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Novo Apunte Técnico do INVASSAT: Redes de seguridade utilizadas como plataforma

03-11-2021 - INVASSAT

O INVASSAT presenta este apunte técnico co obxectivo de mostrar as novas aplicacións das redes de seguridade, centrándose sobre todo na aplicación destas como plataformas de traballo para mellorar a ergonomía de determinados traballos verticais, xa que estas se adaptan con facilidade e eficacia a situacións e condicións de traballo difíciles de resolver con outros métodos ou equipos de traballo para traballos en altura.

Debido a que cada vez as obras de construción son máis singulares por mor do seu deseño, no momento de executalas os contratistas atópanse co problema de determinar as mellores medidas de protección colectiva a implantar xa que, ao ser estruturas onde é complexo o uso de sistemas convencionais, a avaliación de riscos dalgunhas unidades de obra xustifica que estas deban executarse mediante traballos verticais.

Contido deste Apunte técnico:

1)    Marco normativo

2)    Riscos ergonómicos en traballos verticais: Trastornos  musculoesqueléticos e Risco de trauma por suspensión

3)    Principios da acción preventiva

4)    Requisitos técnicos do sistema de redes de seguridade para as aplicacións obxecto do apuntamento

5)    Aplicacións

  1. Como protección de caídas a distinto nivel ou caídas de obxectos
  2. Como plataforma de traballo: exemplo de instalación aplicado a un caso concreto

6)    Referencias legais e técnicas

Ligazón ao documento Redes de seguridade utilizadas como plataforma

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS