Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Novas normas da UE para unha mellor protección dos traballadores contra a exposición a substancias perigosas

18-10-2018 - Hixiene

Os/as eurodeputados/as do Comité de Emprego e o Consello Europeo introduciron un novo desenvolvemento para reducir aínda máis os riscos para os/as traballadores/as expostos a substancias canceríxenas e mutaxénicas. Os negociadores acordaron a proposta da Comisión Europea de agregar fumes de diesel á lista de substancias nocivas e establecer os valores límite de exposición para oito substancias adicionais que causan cancro.

O novo regulamento afecta a máis de 12 millóns de traballadores/as na UE, que están potencialmente expostos ás emisións de escape dos motores  diesel (DEEE). Dita exposición aumenta as posibilidades de contraer cancro, que segue sendo a causa principal das mortes relacionadas co traballo.

Nota de prensa do Parlamento Europeo.

Pódese atopar máis información no espazo específico da web da Axencia Europea de  Seguridade e Saúde no Traballo e na web da Campaña “Traballos  saudables 2018-2019: alerta  fronte a substancias  perigosas”.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS