Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Medidas contra o cancro profesional: Estratexia 2020-2024

13-05-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Estímase que o cancro é a principal causa das mortes relacionadas co traballo na UE. É evidente que se pode facer máis para reducir o número de casos de cancro profesional e, por iso, o 25 de maio de 2016 seis organizacións europeas asinaron un pacto polo que se comprometían a aplicar un plan de acción voluntario para a realización de actividades de sensibilización sobre os riscos derivados da exposición a carcinógenos no lugar de traballo e para o intercambio de boas prácticas.

Os asinantes do pacto foron o Ministerio Federal de Traballo, Asuntos Sociais e Protección dos Consumidores de Austria, Business Europe (organización europea de empresarios), a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA), a Comisión Europea, a Confederación Europea de Sindicatos e o Ministerio de Asuntos Sociais e Emprego dos Países Baixos. 

O pacto renovouse o 28 de novembro de 2019 e foi subscrito polo Ministerio de Asuntos Sociais e Sanidade de Finlandia  e o Ministerio Federal de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña , que mostraron o seu agradecemento a Austria e aos Países Baixos polo seu compromiso, ademais dos catro socios europeos (Comisión Europea, a  EU-OSHA, a CES e Business Europe).

Na conferencia da Presidencia alemá «STOP  cancer  in  the  workplace» , celebrada os días 9 e 10 de novembro de 2020, os socios da folla de roteiro presentaron unha nova estratexia para o período 2020-2024, establecendo os seguintes obxectivos:

- Sensibilizar ás empresas e as persoas traballadoras sobre os riscos de exposición a substancias canceríxenas e a necesidade de accións preventivas en toda Europa.

- Proporcionar axuda ás empresas e ás persoas traballadoras para previr a exposición a  carcinóxenos no lugar de traballo e minimizar os seus efectos na poboación activa.

- Mobilizar ás partes interesadas e aumentar a participación dos axentes pertinentes para multiplicar os esforzos por toda Europa.

- Orientar a innovación para acurtar a distancia entre os resultados da investigación e as necesidades das empresas.

A partir de 2021, os socios da folla de roteiro participarán en diversas actividades para lograr un maior impacto co fin de axudar a previr a exposición da poboación traballadora aos carcinóxenos. Coñecidas como «desafíos», ditas actividades contribuirán no seu conxunto para alcanzar os catro obxectivos principais. As actividades serán dirixidas e executadas por pequenos equipos dos socios da folla de roteiro. Estes equipos necesitarán, con todo, contribucións exteriores para ter éxito. Ademais dos oito socios mencionados anteriormente, varios países participarán nas actividades. Tamén se convida a organizacións de toda Europa a que se unan a un ou varios destes desafíos e axuden a levalos a cabo.

A  EU- OSHA asume a misión de promocionar o plan e axudará aos participantes para organizar un evento anual de sensibilización e avaliación dos progresos. O plan establece un programa de accións no que participarán varias presidencias do Consello da UE. A  EU- OSHA axudará a organizar e promover estes eventos e as actividades da folla de roteiro.

Máis información

Ligazón á folla de roteiro para coñecer todos os detalles das iniciativas conxuntas planificadas para reducir o cancro profesional.

Ligazón ao Plan Europeo de Loita contra o Cancro

Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS