Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Informe sobre o estado da seguridade e saúde laboral

07-05-2013 - INSHT

O informe detalla as principais actividades desenvolvidas durante o ano 2011 polas Institucións Públicas que integran o Sistema Nacional de Prevención, as novidades normativas e os avances na regulación dos convenios colectivos da seguridade e saúde no traballo e afonda nas estatísticas de danos á saúde con especial referencia aos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

O informe ten unha dobre finalidade.

Por un lado, con vocación de anuario, detalla as principais actividades desenvolvidas durante o ano 2011 polas Institucións Públicas que integran o Sistema Nacional de Prevención: a Inspección de Traballo, a Fiscalía Especial, as Comunidades Autónomas, a Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Así mesmo, detállanse as máis importantes novidades normativas e os avances na regulación dos convenios colectivos da seguridade e saúde no traballo.

E, por outro lado, afonda nas estatísticas de danos á saúde con especial referencia aos accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Ademais, o informe complétase cun detallado estudo sobre a importancia do cancro laboral en España e, en particular, do problema do amianto. Por último, o documento resume os principais resultados da VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo, cuxo traballo de campo se realizou en 2011.

Acceso ao Informe sobre o estado da seguridade e saúde laboral

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS