Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Informe sobre o estado da seguridade e a saúde laboral no Estado español 2012

12-11-2013 - INSHT

O INSHT coa edición do "Informe sobre o Estado da Seguridade e a Saúde no Traballo de 2012" continua a tarefa iniciada en 2007 de recompilar as máis relevantes actividades desenvolvidas durante o ano polas Institucións Públicas que integran o Sistema Nacional de Prevención, isto é, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a Fiscalía Especializada, as Comunidades Autónomas, a Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Así mesmo, detállanse as máis importantes novidades normativas e os avances na regulación a través dos convenios colectivos da materia de seguridade e saúde no traballo.

Doutra banda, o Informe profunda nas estatísticas de danos á saúde con especial referencia aos accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Ademais, este ano, o informe enriquécese con dous importantes estudos; un deles sobre a incidencia e características do risco muscoloesquelético que afecta á poboación laboral española e, o outro sobre as condicións de traballo e emprego da poboación laboral de maior idade. A información rigorosa e detallada que achegan ambos os estudos ofrece a oportunidade de reflexionar sobre a conveniencia de mellorar a sustentabilidade das condicións de traballo no Estado español.

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS