Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Informe de vangarda sobre tóxicos para a reproducción

15-02-2017 - EU-OSHA

O documento elaborado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, presenta os resultados dun informe que examina o coñecemento actual sobre os riscos no lugar de traballo para a reprodución: substancias químicas perigosas, como pesticidas e produtos farmacéuticos, así como factores biolóxicos, físicos, de organización e psicosociais. O texto destaca as lagoas no coñecemento e recomenda formas de avanzar para aumentar a concienciación e mellorar a prevención.

Aínda que o tema dos riscos no lugar de traballo para a reproducción foi tratado habitualmente en mulleres, e sobre todo as mulleres embarazadas, os riscos tóxicos para a reprodución poden afectar tamén á saúde reprodutiva dos homes e ao desenvolvemento fetal, con efectos que inclúen abortos, malformacións e déficits funcionais.

Ligazón a Informe de vangarda sobre tóxicos para a reprodución

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS