Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Informe anual 2014 da EU-OSHA: Mellora das condicións laborais, especialmente nas pequenas empresas

19-06-2015 - AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO

Entre as actividades principais da axenda da Axencia Europea para 2014 encontrábase a adopción do novo marco estratéxico da Unión Europea en materia de seguridade e saúde no traballo, o lanzamento de OSHwiki, as ferramentas OiRA, e a publicación da “Guía electrónica para a xestión do estrés e dos riscos psicosociais”.

Entre as actividades principais da axenda da Axencia Europea para 2014 encontrábase a adopción do novo marco estratéxico da Unión Europea en materia de seguridade e saúde no traballo; o lanzamento de OSHwiki:Proxecto desenvolvido  para permitir a posta en común do coñecemento en seguridade e saúde no traballo (SST), a información e as mellores prácticas, co fin de apoiar ás organizacións gobernamentais, da industria e dos traballadores para garantir a seguridade e a saúde no lugar de traballo; as ferramentas OiRA, interactivas e gratuítas, para axudar ás microempresas e ás pequenas empresas na realización de avaliacións de riscos; e a publicación da “Guía electrónica para a xestión do estrés e dos riscos psicosociais”.

Comunicado de prensa.

Informe anual 2014 en inglés.

Resumo.



Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS