Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Impacto da utilización dos exoesqueletos sobre a seguridade e a saúde no traballo.

12-09-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Este documento de debate examina o papel que os exoesqueletos poden xogar na contorna de traballo do futuro e o impacto que pode levar aparellada a súa utilización para a seguridade e a saúde dos traballadores/as. Analiza o papel que poden xogar os exoesqueletos na prevención dos trastornos musculoesqueléticos á vez que aborda os potenciais riscos derivados da súa aplicación en diversos ámbitos.

O documento recoñece a incerteza que xeran os seus efectos a longo prazo sobre a saúde e as dificultades que entraña a creación dunha certificación uniforme, e sinala a necesidade de estudos máis exhaustivos. Analízase e debátese igualmente a xerarquía da prevención á hora de deseñar os futuros lugares de traballo, en lugar de depender dos  exoesqueletos para crear contornas de traballo ergonómicos.

Ligazón ao documento: Impacto da utilización dos exoesqueletos sobre a seguridade e a saúde no traballo. (En inglés)

 

Documentos

Impacto da utilización dos exoesqueletos sobre a seguridade e a saúde no traballo.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS