Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Identificación e control dos riscos laborais en pemes

27-10-2023 - INSST

Identificación e control dos riscos laborais en pemes é unha ferramenta concibida para facilitar a xestión da actividade preventiva en todas aquelas empresas de menos de 250 traballadores/as, e en particular, nas que teñen un persoal comprendido entre 1 e 50 persoas. Contén unha colección de 20 fichas temáticas a través das cales se analizan as condicións de traballo desde as diferentes disciplinas preventivas: a seguridade no traballo, a hixiene industrial, a ergonomía e a psicosocioloxía aplicada.

Cada ficha expón de maneira resumida os principais criterios preventivos para a xestión de cada tipo de risco ou fonte de dano, así como un cuestionario cunha serie de ítems de comprobación relacionados.

Esta ferramenta, constitúe a actualización da publicación: Avaliación das condicións de traballo en pequenas e medianas empresas, publicada no ano 2000 polo INSST, dado que, aínda que a súa estrutura e sistemática seguen plenamente vixentes, algúns aspectos que se tratan quedaron obsoletos e era necesaria unha revisión do seu contido.

Ligazón ao documento Identificación e control dos riscos laborais en pemes - INSST 2023

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS