Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

III Enquisa de Saúde Laboral de Navarra: increméntanse os riscos psicosociais

04-07-2016 - Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra

Os resultados da Enquisa indican que en relación a riscos tradicionais no ámbito laboral a situación é mellor que en anos anteriores; así mesmo, disminue a percepción que traballadores/as teñen de estar expostos a riscos de sufrir un accidente, incrementándose o risco de accidente de tráfico, ser vítima dun atraco ou dunha agresión física externa derivados da actividade laboral.

As agresións verbais roldan o 11%;  o 2% dos enquisados/as afirma que sufriu un ataque no ano anterior; as condutas hostís e violentas varían en función do sector, destacando o sector sanitario, docente, hostaleiro, comercio ou condución, que presentan unha porcentaxe maior do 10%.

Segundo os datos obtidos, o 43% dos enquisados prolonga a súa xornada laboral, pero o 20% non recibe compensación algunha, nin en tempo libre nin en remuneración económica.

O 27% dos enquisados indica que non hai presenza de delegados ou o descoñece que exista.

Non sempre se observa nas empresas a corrección dos riscos detectados, xa que menos da metade das empresas aplican medidas correctoras.

Os mayores problemas de saúde percibidos son óseos, musculares ou ergonómicos, seguidos dos psicosociais: un 20% dos enquisados/as manifesta problemas de saúde asociados á exposicións psicosociais como tensións, ansiedade, nerviosismo ou insomnio.


Dende o Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra, indicouse que a emquisa foi realizada a persoas ocupadas de 16 ou máis anos de todas as actividades económicas, e que se realizaron 2.744 entrevistas cun nivel de confianza do 95,50%.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS