Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía para estabelecer unha ordenación do tempo de traballo equilibrada

13-03-2020 - OIT

A Organización Internacional do Traballo (OIT) desenvolveu un concepto de "traballo decente" que inclúe a promoción de oportunidades para que as mulleres e os homes poidan ter un traballo decente e produtivo, en condicións de liberdade, igualdade, seguridade e de dignidade humana para reducir as diferenzas que existen entre as aspiracións de traballo das persoas e as súas condicións actuais de traballo. Nesta procura da OIT cara a un traballo decente, a énfase no tempo de traballo é un paso importante.

O tempo de traballo foi a esencia do primeiro convenio internacional do traballo, o  Convenio sobre as horas de traballo (industria), 1919 (Nº. 1). Co pasar dos anos, o tempo  de traballo continúa sendo unha das preocupacións principais da OIT, quen adoptou normas internacionais con respecto a unha variedade de temas relacionados co tempo de traballo, que inclúen normas que non soamente establezan límites nas horas de traballo, senón que tamén provean un mínimo de período de descanso semanal, vacacións anuais pagas, protección para os traballadores/as nocturnos e igualdade de trato para os traballadores/as a tempo parcial.

Esta guía está deseñada para proporcionar aos traballadores/as, empregadores/as e gobernos información práctica que pode ser utilizada para establecer unha organización do tempo de traballo (OTT) equilibrada que beneficie tanto aos traballadores/as como ás empresas. O seu obxectivo é explicar o concepto de  OTT equilibrada, as súas modalidades máis utilizadas, e preséntase paso a paso unha orientación práctica sobre a maneira e o momento en que se poden poñer en práctica.

Esta Guía para establecer unha ordenación do tempo de traballo equilibrada ten a finalidade de servir de ferramenta a todo tipo de empresa, en particular, ás empresas medianas e grandes, para que o utilicen á hora de modificar ou establecer unha nova  OTT.

Ligazón á "Guía para estabelecer unha ordenación do tempo de traballo equilibrada"

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS