Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía para a xestión dos riscos psicosociais na actividade de coidado de persoas maiores

21-09-2020 - INSST

A guía ten por obxectivo establecer as principais relacións entre a exposición a factores de risco psicosocial e as súas posibles repercusións sobre a saúde, así como orientar a xestión de tales riscos, ofrecendo para iso unha relación dos principais factores de risco psicosocial a considerar e un elenco de posibles medidas preventivas. Todo iso coa finalidade de eliminar, reducir ou controlar o risco psicosocial a que está exposto o colectivo de coidadoras e minimizar os posibles danos á saúde.

Debido ao crecente envellecemento da poboación, cada vez máis persoas maiores demandarán asistencia e coidados e é previsible que as persoas que traballan neste sector crezan de forma significativa. Trátase de traballos esixentes, física e psicoloxicamente, prestados maioritariamente por mulleres. Esta Guía céntrase na exposición a factores de risco psicosocial das coidadoras en centros residenciais e atención domiciliaria.

Está dirixida principalmente a quen ten responsabilidade na xestión dos riscos laborais (empresarios, técnicos de prevención, representantes dos traballadores...) e ten por obxectivo establecer as principais relacións entre a exposición a factores de risco psicosocial e as súas posibles repercusións sobre a saúde, así como orientar a xestión de tales riscos, ofrecendo para iso unha relación dos principais factores de risco psicosocial a considerar e un elenco de posibles medidas preventivas. Todo iso coa finalidade de eliminar, reducir ou controlar o risco psicosocial a que está exposto o colectivo de coidadoras e minimizar os posibles danos á saúde.

Ligazón á guía "Guía para a xestión dos riscos psicosociais na actividade de coidado de persoas maiores"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS