Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía electrónica gratuíta para a xestión do estrés e os riscos psicosociais no traballo.

28-11-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

No marco da campaña Traballos saudables: «Xestionemos o estrés», a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) presenta a súa guía electrónica para a xestión do estrés e os riscos psicosociais. O estrés constitúe unha importante fonte de preocupación para a seguridade e a saúde no traballo nun 80% das empresas europeas, e é unha das principais causas da perda de xornadas laborais en Europa. Con todo, menos dun terzo dos centros de traballo europeos dispoñen de procedementos para abordar o estrés relacionado coa actividade laboral. A guía electrónica é unha ferramenta práctica concibida para axudar a empleadores/as e traballadores/as, sobre todo nas pequenas empresas, a comprender e xestionar mellor o estrés e os riscos psicosociais.

A guía electrónica atópase dispoñible actualmente en varias versións. En total, publicaranse 34 versións específicas, cada unha delas adaptada á lexislación, o contexto e a lingua do estado de que se trate. En cada unha delas dirixirase ademais aos usuarios, aos recursos nacionais pertinentes en materia de estrés e riscos psicosociais.

Cada versión da guía electrónica contén:

    - Explicacións sinxelas dos riscos, as súas causas e consecuencias para os traballadores/as e as empresas;

    - Consellos e instrucións sobre a maneira de detectar pronto os problemas e emprender as accións pertinentes;

    - Exemplos prácticos de prevención e xestión de riscos, sobre todo para as pequenas empresas;


    - Información sobre recursos.



A guía electrónica, creada para mellorar o coñecemento do estrés e os riscos psicosociais no traballo e promover a sensibilización respecto destas cuestións en toda Europa, tamén contribúe á superación de certos conceptos erróneos existentes sobre o estrés. Diríxese especialmente ao persoal de pequenas empresas que precise orientación ou asesoramento sobre as primeiras medidas que deben adoptarse para abordar o estrés e os riscos psicosociais no lugar de traballo.

A guía electrónica é gratuíta, e cada unha das versións atópase dispoñible para a súa consulta en liña e pode descargarse para o seu uso fóra de liña.

Ligazóns:

Ver  vídeo, Atopar a versión da guía electrónica que corresponde

Traballos saudables: «Xestionemos o estrés»

Fonte: Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS