Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Ferramenta de visualización de datos sobre traballo máis seguro e saudable a calquera idade

14-02-2017 - EU-OSHA

A través desta ferramenta poden visualizarse os resultados esenciais do proxecto levado a cabo pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo a petición do Parlamento Europeo, sobre a seguridade e saúde no traballo (SST) no contexto dunha man de obra en proceso de envellecemento na UE.

Esta ferramenta interactiva facilita datos sobre demografía, emprego, condicións de traballo e saúde no contexto dunha man de obra en proceso de envellecemento, así como políticas, estratexias e programas en materia de SST e afíns existentes en diferentes Estados para facer fronte ao reto do envellecemento.

Así mesmo, permite examinar a diversidade demográfica e socioeconómica, así como as diferenzas nos sistemas sanitarios e sociais entre catro 'grupos de países' europeos, e a relevancia que estos teñen para o desenvolvemento de políticas.

Tamén poden explorarse 'perfís por países' para comparar as estratexias de SST e rehabilitación relativas á idade nun determinado país, co conxunto da UE e con outros países europeos.

Ligazón á ferramenta de visualización de datos sobre traballo máis seguro e saudable a calqueira idade.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS