Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Exposición aos factores de risco de cancro no traballo, nova enquisa para Europa

29-05-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Para apoiar a semana europea contra o cancro, a EU-OSHA presenta os seus plans sobre unha nova Enquisa entre os traballadores/as sobre exposición aos factores do risco de cancro en Europa. Mediante a recollida de datos fiables sobre a exposición no lugar de traballo, espérase que a enquisa cubra as importantes carencias informativas sobre un dos maiores problemas sanitarios relacionados co traballo en Europa.

A información solicitada proporcionará un reflexo exacto e exhaustivo dos riscos actuais e contribuirá a conformar as medidas preventivas no futuro. Iniciouse xa o traballo preparatorio sobre a enquisa, e a  EU- OSHA planea publicar os primeiros resultados en 2023.

Ligazón ao resumo do proxecto sobre a nova enquisa

Ligazón á web sobre a enquisa e o cancro relacionado co traballo

Máis información sobre a semana europea contra o cancro

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS