Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Estudos de caso sobre a integración dos robots colaborativos, con especial atención á seguridade das persoas.

05-06-2023 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A EU-OSHA analizou o uso dos sistemas baseados na robótica e a Intelixencia Artificial (IA) para automatizar as tarefas nos lugares de traballo, prestando especial atención ao seu impacto na seguridade e a saúde das persoas traballadoras. O obxectivo é comprender como integrar estes sistemas, incluídos os cobots (ou robots colaborativos), de forma segura e eficaz no traballo, e garantir que se convertan nun activo en lugar dun risco.

As conclusións expóñense en oito estudos de casos que abarcan distintas experiencias laborais:

- Automatización da limpeza do esterco para manter a hixiene do gando;

- Automatización cognitiva e física nunha cadea de produción en serradoiros;

- Robots multieixo para a automatización da montaxe e vehículos de guiado automático na fabricación;

- Robot colaborativo para automatizar a costura de bolsas na industria proveedora da automoción;

- Sistema robotizado de paletización e despaletización;

- Automatizacións intelixentes para reducir as tarefas que requiren gran esforzo físico na fabricación de aceiro;

- Robótica avanzada na fabricación de produtos plásticos modelados por inxección e extruídos para reducir tarefas que requiren gran esforzo físico;

- IA para axudar ao persoal médico no diagnóstico mediante colonoscopia.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS