Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Estratexia para a substitución de productos químicos por outros máis seguros na UE

15-06-2018 - Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA

A estratexia ten como fin a substitución de produtos químicos nocivos mediante o incremento da disponibilidade e a adopción de alternativas e tecnoloxías máis seguras. Está baseada nos comentarios das partes interesadas, os estados membros da UE a da Comisión Europea. A súa implementación formará parte do plan de traballo anual da ECHA.

A estratexia describe catro áreas principais de acción:     
1) Desenvolvemento de capacidades ao longo da cadea de subministración. Iniciar o diálogo sobre as oportunidades e os desafíos da substitución e construír unha colaboración que promova a investigación, a avaliación e a adopción de alternativas máis seguras.     
2) Financiamiento e soporte técnico para iniciativas de substitución Mellorar a conciencia mediante o mapeo do financiamento dispoñible e o soporte técnico relevante para os proxectos relacionados coa substitución e facer que a información sexa máis accesible para as empresas.    
3) Usar os datos químicos de ECHA de maneira máis eficiente. As bases de datos de ECHA sobre produtos químicos son unha ferramenta valiosa para apoiar a substitución sustentable a través dunha comprensión axeitada dos perigos e riscos asociados coas substancias que se substituirán. A estratexia propón varios proxectos que poderían desenvolverse para facilitar aínda máis o uso destes datos para a substitución.    
4) Desenvolver redes de coordinación e colaboración. Ademais de desenvolver as redes existentes, a estratexia propón estabelecer unha rede de múltiples partes interesadas que comprenda á Comisión Europea e as autoridades competentes dos Estados membros, organizacións industriais, empresas individuais, ONG, organizacións de investigación e asociacións de consumidores interesadas na substitución.    
   
Ligazón á web da Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS