Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

ESENER 2019: resultados da enquisa sobre centros de traballo

08-05-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A EU-OSHA presenta as conclusións principais da edición 2019 da súa Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER) que poñen de relevo os principais riscos declarados polas persoas enquisadas en Europa: os trastornos musculoesqueléticos e os riscos psicosociais.

Na enquisa participaron máis de 45.000 empresas de 33 países respondendo a preguntas sobre distintos ámbitos da seguridade e a saúde no traballo, incluído o novo fenómeno da dixitalización.

ESENER 2019 é unha fonte inestimable de información para a formulación de políticas, xa que ofrece unha instantánea actualizada da sensibilización sobre os riscos e sobre a xestión da seguridade e a saúde laboral entre as empresas europeas, así como unha comparación cos resultados da edición anterior  ESENER 2014.

Ligazón ao comunicado de prensa, que conta co apoio do Comisario Europeo  Schmit

Ligazón ás conclusións máis importantes na publicación ESENER 2019

Ligazón á ferramenta de visualización de datos ESENER  para consultar as edicións 2009 e 2014 (os datos de 2019 estarán dispoñibles en breve).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS