Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

ESENER 2019. Datos do Estado español. Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes

06-11-2020 - INSST

A enquisa céntrase especialmente na xestión dos riscos psicosociais, como o acoso e o estrés relacionado co traballo e tamén inclúe preguntas sobre a dixitalización. Ao dispoñer dunha visión holística das prácticas de SST que se aplican actualmente en Europa, os resultados da enquisa teñen como obxectivo servir de axuda para o deseño de novas políticas en materia de SST e garantir unha maior eficacia na xestión dos riscos dos lugares de traballo en Europa.

En 2019 a Axencia Europea de Seguridade e Saúde no traballo realizou a terceira enquisa europea a empresas sobre riscos novos e emerxentes que fai cada cinco anos, coñecida como ESENER.

Na enquisa deste ano 2019 participaron 28 países da UE máis Islandia, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Suíza., sumando un total de 33 paises. No Estado español en concreto realizáronse 3.267 entrevistas.

En relación ao tamaño das empresas no Estado español, tres cuartas partes teñen menos de 50 traballadores, e o sector maioritario é Servizos cun 74%.

A Directiva 89/391/CEE do Consello sobre medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde dos traballadores no traballo, establece uns criterios mínimos que deben de cumprir os países da Unión Europea, en aras de alcanzar unha adecuada Prevención de Riscos Laborais (PRL). Aínda que, cada ten trasposto ao seu ordenamento xurídico nacional unha organización da prevención que non coincide en todos os países. Por iso, as preguntas desta enquisa non sempre vanse a adaptar ben a todos os destinatarios. No caso do Estado español, no apartado que se pregunta polos especialistas en PRL, non coinciden exactamente coas nosas figuras preventivas, pero si axuda a esbozar como é a organización da prevención nas nosas empresas.

Así as cousas, o presente informe recolle a primeira análise das principais conclusións e constatacións da terceira edición da enquisa ESENER da EU- OSHA, levada a cabo en 2019. Nela preguntouse a máis de 45.000 establecementos de 33 países sobre a súa xestión actual da saúde e a seguridade no traballo (SST), en especial sobre os principais factores que favorecen ou que obstaculizan a consecución dunha xestión eficaz e a participación dos traballadores.

Ligazón a ESENER 2019. Datos do Estado. Equisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS