Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

ESENER-2 Segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes

30-03-2016 - EU-OSHA

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo ven de publicar os datos da enquisa ESENER - 2. O traballo da conta dos resultados obtidos logo de realizar preto de 50.000 enquisas no ano 2014 en empresas de todos os sectores de actividade, que tiñan un mínimo de 5 empregados, repartidas nun total de de 36 países. As enquisas requerían información acerca da xestión dos riscos de seguridade e saúde no lugar de traballo, facendo fincapé nos riscos psicosociais, como o estrés laboral, a violencia ou o acoso.

Entre as principais conclusións da enquisa, atopamos que o 21% das empresas da UE indican que os traballadores/as de máis de 55 anos representan máis dun cuarto do cadro de persoal.

Os datos recollidos reflicten o crecemento continuado do sector servizos; os factores de risco identificados con maior frecuencia son os conflitos relacionais con clientes, alumnos ou pacientes (nun 58% das empresas), seguidos das posturas forzadas (un 56%), e dos movementos repetitivos de mans e brazos (un 52%); case unha de cada cinco empresas que afirman ter conflictos relacionais con clientes ou sufrir presión temporal indican asimesmo que carecen de información e instrumentos axeitados para tratar este risco dun xeito eficaz; o 76 % das empresas da UE realiza a avaliación de riscos periódicamente, entendendo esta porcentaxe de xeito global xa que existen grandes diferencias entre estados e tamaño de empresa.
En relación aos motivos que impulsan ás empresas a traballar na xestión da seguridade e saúde, un 85% das empresas enquisadas indican que o motivo principal e o cumprimento das súas obrigas xurídicas; o segundo factor que aparece como motivador á hora de estabelecer medidas que melloren a seguridade e a saúde no traballo, é o cumprimento das expectativas dos traballadores/as ou dos seus representantes.

Para máis información poden consultarse as seguintes ligazóns:

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS