Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

EPIs intelixentes — o futuro da protección dos traballadores/as

02-06-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O equipo de protección individual intelixente (EPI) promete uns maiores niveis de seguridade e de tranquilidade no lugar de traballo, mediante o uso de materiais ou de compoñentes electrónicos mellorados. Con todo, será necesario superar certos obstáculos para a súa aplicación eficiente nos lugares de traballo europeos. Unha nova publicación examina as oportunidades e os riscos expostos por estas novas tecnoloxías.

O documento examina a aparición do equipo de protección individual (EPI) no lugar de traballo. O  EPI intelixente combina os medios de protección tradicionais con materiais mellorados ou compoñentes electrónicos, e pode recompilar datos sobre o usuario, a contorna de traballo ou o seu propio uso. Aínda que estas novas tecnoloxías prometen unha maior seguridade e un maior benestar para os traballadores/as, quedan aínda moitos obstáculos por superar para garantir o seu uso efectivo.

O artigo subliña os retos aos que se enfrontan as partes asociadas, como a necesidade de establecer normas e un marco adecuado de proba e certificación. Inclúe recomendacións para axudar ás partes asociadas a obter o máximo partido dos posibles beneficios do  EPI intelixente, subliñando a importancia da colaboración entre usuarios e fabricantes neste ámbito

Aínda que as medidas organizativas e a protección colectiva deben ser sempre prioritarios, o uso de  lod  EPIs está a converterse nun apoio intelixente.

Ligazón ao documento para coñecer máis sobre os EPIs intelixentes (En inglés)

Ligazón á  sección temática sobre riscos emerxentes da EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS