Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Directrices básicas para a avaliación de riscos laborais

10-02-2022 - INSST

O obxectivo xeral do presente documento é definir directrices básicas para levar a cabo a avaliación de riscos laborais de forma eficiente nas organizacións. Este documento, á súa vez, ten dous obxectivos específicos: establecer as bases conceptuais e as etapas esenciais para avaliar os riscos laborais -nos apartados 2, 3 e 4- e facilitar a identificación da normativa e criterios, métodos e instrumentos máis relevantes en materia de avaliación de riscos laborais -no seu anexo II-

Por último, é necesario subliñar que as directrices expostas neste documento achegan unha visión xeral á hora de abordar a avaliación de riscos laborais, sendo necesario complementalas con criterios específicos que o INSST publica noutros documentos entre os que poden destacarse as guías técnicas, as directrices básicas ou as notas técnicas de prevención, entre outros.

Ligazón ao documento Directrices básicas para a avaliación de riscos laborais

Así, polo seu carácter transversal, é de interese consultar os diferentes apartados dedicados á avaliación de riscos laborais incluídos nas seguintes publicacións elaboradas polo INSST:

Guía técnica para a integración da prevención de riscos laborais no sistema xeral de  gestión da empresa.

Guía técnica para a “simplificación documental”.

Guía técnica de criterios de calidade do servizo dos Servizos de Prevención Alleos.

Directrices básicas para o desenvolvemento da prevención dos riscos laborais na empresa.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS