Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Decreto sobre o emprego de unidades móbiles polos Servizos de Prevención Alleos

09-03-2015 - SSPPAA

A Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo que interpuxo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) contra o decreto do Principado de Asturias de 2014 que regula o emprego por parte dos servizos alleos de prevención de riscos laborais de unidades móbiles.

O recurso refírese ao contido do artigo 4.2, que impide que empresas ubicadas noutra comunidades poidan prestar sevizo en Asturias a través de unidades móbiles. O decreto aprobado polo Principado de Asturias, indica que para poder prestar este servizo é preciso dispoñer dun establecemento físico no territorio da comunidade

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia considera que este feito resulta contrario aos principios de non discriminación e de eficacia nacional contemplados na Lei de Garantía de Unidade de Mercado.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS