Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Contexto e medidas en materia de seguridade e saúde no traballo nas microempresas e pequenas empresas na UE - Proxecto SESAME

06-07-2016 - EU-OSHA

As microempresas e as pequenas empresas son a medula espinal da economía da Unión Europea e deben ser consideradas motor fundamental do crecemento económico, a innovación, o emprego e a integración social. Aproximadamente a metade dos traballadores/as europeos/as traballan en microempresas e pequenas empresas. Así pois a xestión efectiva da seguridade e a saúde no traballo (SST) nestas empresas é esencial para garantir o benestar de traballadores/as e a supervivencia económica a longo prazo das empresas. Con todo, as estatísticas e os estudos amosan que a seguridade e a saúde de moitos dos traballadores/as de microempresas e pequenas empresas está deficientemente protexida e que resulta difícil garantir unha boa xestión respecto a este tema.

Este problema está recoñecido no Marco estratéxico da UE en materia de saúde e seguridade no traballo 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea, no que se define o reforzo da capacidade das microempresas e as pequenas empresas para poñer en marcha medidas efectivas e eficaces de prevención de riscos como un dos obxectivos estratéxicos en materia de seguridade e saúde no traballo.

Co fin de diminuir a brecha existente entre os requisitos en materia de SST e a práctica no lugar de traballo, a EU-OSHA puxo en marcha un proxecto de tres anos de duración (2014-2017) co obxectivo xeral de identificar os factores que permitan aplicar eficientemente políticas, estratexias e solucións
prácticas encamiñadas a mellorar a SST no tecido de microempresas e pequenas empresas de Europa.

O proxecto, encargado a un grupo de investigadores integrantes do consorcio «SESAME» (Seguridade nas microempresas e pequenas empresas), persegue tres obxectivos principais:

     - Prestar apoio baseado en datos empíricos para a elaboración de recomendacións en materia de políticas, contribuíndo aos debates actuais sobre a regulación da SST nas pequenas empresas europeas.

      - Definir boas prácticas no lugar de traballo co fin de garantir unha boa xestión da SST.

     - Promover o desenvolvemento de ferramentas prácticas novas ou xa existentes, como a ferramenta  de avaliación de riscos OiRA.

 

Máis información: Contexto e medidas de seguridade e saúde no traballo nas microempresas e pequenas empresas na UE - Proxecto SESAME

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS