Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Comunicación da Comisión europea en materia de disruptores endocrinos

22-11-2018 - COMISIÓN EUROPEA

A Comunicación responde as peticións do Parlamento Europeo e do Consello e enmárcase nos compromisos internacionais de actuar en relación coas substancias químicas perigosas. A Comisión presenta as súas orientacións estratéxicas en materia de alteradores endocrinos para os próximos anos, co obxectivo final de garantir un alto nivel de protección dos cidadáns da UE e do medio ambiente.

Os alteradores endocrinos son substancias químicas que alteran o funcionamento do sistema endocrino e prexudican a saúde dos seres humanos e os animais. Poden ser de orixe sintética ou natural. A exposición aos alteradores endocrinos pode producirse a partir de diferentes fontes, tales como residuos de praguicidas ou produtos de consumo que utilizamos ou están presentes na nosa vida cotiá.

A Comunicación describe as iniciativas actualmente consideradas pola Comisión para garantir a implementación das políticas existentes sobre os  disruptores endocrinos. Isto inclúe a identificación dos disruptores endocrinos, a mellora da comunicación ao longo das cadeas de subministración mediante o uso das Follas de datos de seguridade segundo o establecido en REACH, e a avaliación científica dos disruptores endocrinos cunha acción reguladora adicional.

A Comisión lanzará unha análise exhaustiva da lexislación aplicable aos disruptores endocrinos a través dun Control que se baseará nos datos xa recompilados e analizados. Implicará unha avaliación da lexislación actual sobre se cumpre os obxectivos de protección da saúde humana e o medio ambiente. O control tamén incluirá unha consulta pública.

A preocupación polos  disruptores  endocrinos foi en aumento desde os anos noventa. Tras a adopción polo Parlamento Europeo dunha Resolución sobre os disruptores endocrinos en 1998, a Comisión adoptou a Estratexia comunitaria para os disruptores endocrinos en decembro de 1999, que se levou a cabo desde entón a través de accións nos campos de investigación, regulación e cooperación internacional.

Ligazón  á Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións cara a un marco da Unión Europea máis exhaustivo en materia de alteradores endocrinos

Ligazón á páxina da EU-OSHA con máis información sobre disruptores endocrinos

Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS