Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Comparación internacional do custo dos accidentes e enfermidades relacionados co traballo

29-09-2017 - EU-OSHA

As vantaxes económicas da seguridade e a saúde no traballo nunca foron máis evidentes. As novas estimacións dun proxecto internacional demostran que os accidentes e enfermidades relacionados co traballo custan á UE polo menos 476.000 millóns de euros cada ano. Só o custo dos cancros relacionados co traballo ascende a 119 500 millóns de euros. Os resultados do proxecto presentáronse no XXI Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo en Singapur a principios de setembro e están dispoñibles no sitio web da UE-OSHA como unha visualización interactiva de datos.

Esta ferramenta de visualización de datos pon de relevo as principais conclusións dun proxecto levado a cabo pola Organización Internacional do Traballo (OIT) , o o Ministerio finlandés de Asuntos Sociais e Saúde (MSAH),  o Instituto Finlandés de Saúde Ocupacional (FIOH) , o Instituto WSH en Singapur,  a Comisión Internacional de Saúde Ocupacional (ICOH)  e a EU-OSHA para desenvolver estimacións mundiais actualizadas de lesións e enfermidades relacionadas co traballo. As estatísticas baséanse nos datos dispoñibles a nivel internacional, empregando principalmente as fontes de datos da Organización Mundial da Saúde (OMS)  e da OIT. Ligazón

Este artigo resume as principais conclusións do proxecto (en inglés).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS