Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña sindical contra o programa REFIT da Comisión Europea

05-05-2014 - Xestión preventiva

O European Trade Union Institute - ETUI (Centro independiente de investigación y de formación de la Confederación europea de los sindicatos) está decididamente en contra do programa REFIT da Comisión Europea, que considera un atentado extremadamente perigoso para os dereitos dos traballadores, en particular respecto da seguridade e a saúde.

Formalmente o programa REFIT pretende facer que a normativa sexa máis "sensata" o cal implica eliminar ou "alixeirar" diversas regulamentacións
supostamente innecesarias (o que os ingleses chaman rede tape e que quizá podería traducirse por papelorio inútil): por exemplo, a obrigación de avaliar os riscos nas pequenas empresas. A posición de ETUI queda reflectida no artigo (6 páxinas, novembro 2013) publicado na revista sindical belga
"Syndicaliste" que poden descargar facendo click aquí.  Quen desexe revisar directamente o contido do programa REFITpode facelo na páxina web específica (só en inglés) que lle dedica a Comisión, accesible facendo click aquí.

No Reino Unido o señor Cameron está embarcado nunha versión propia do programa REFIT que tamén espertou as iras dos sindicatos. O discurso do señor Cameron que espertou as iras sindicais está dispoñible na páxina web oficial do seu goberno.

Fonte: ergaonline.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS