Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña do ISSGA sobre mobilización de persoas con mobilidade reducida

21-03-2022 - ISSGA

Nesta campaña danse a coñecer os riscos aos que está exposto o persoal traballador, na súa maioría mulleres, nas tarefas de mobilización de persoas con mobilidade reducida. A información distribúese en tres eixes fundamentais: os principios básicos da mobilización de persoas, as técnicas de mobilización e as axudas técnicas para facilitar a mobilización

Nos documentos se indica cal é a posición correcta para mobilizar ás persoas que o precisan, se dan as pautas para incorporalas na cadeira, sentalas á beira da cama e mesmo para pasalas da cama á cadeira de rodas.

Tamén se dan orientacións para elixir unha axuda adecuada e planificar a mobilización para reducir o risco de sufrir unha lesión de costas: táboas de transferencia, disco, guindastre, téxtil de transferencia, ... É importante valorar o espazo e os medios dispoñibles, o estado da persoa que se vai atender, utilizar roupa e calzado axeitado ou mesmo manter unha boa forma física para evitar posible lesións.

Ligazón ao tríptico

Ligazón ao cartel

Ligazón á sección de web do ISSGA sobre a Campaña

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS