Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña do ISSGA: Fai da túa explotación de gando vacún un lugar seguro e saudable

04-04-2022 - ISSGA

A campaña pretende concienciar da importancia da prevención dos riscos laborais nas explotacións de gando vacún e indicar as medidas e recomendacións preventivas que permitan eliminalos ou reducilos e fai fincapé na protección de riscos tanto nos lugares de traballo como no manexo dos animais, da maquinaria, dos produtos químIcos, e coas cargas. Ademais insta aos propietarios a protexer ás mulleres traballadoras durante o embarazo, a lactación e a maternidade. Na elaboración dos contidos tivéronse en conta tanto a tipoloxía como as causas dos accidentes laborais neste sector

Tal e como informa o Issga, as instalacións das granxas deben adaptarse a cada un dos animais polo que cómpre realizar un correcto mantemento e evitar o risco de caída de altura nos silos. Outra das recomendacións consiste en limpar e desinfectar as dependencias e equipos con frecuencia e mantelas ordenadas.

No manexo de animais indícanse as diferentes técnicas de manexo e como evitar o contaxio de enfermidades, garantindo situacións seguras e empregando técnicas e dispositivos e medios auxiliares específicos. En canto á maquinaria e equipos, asesórase en materia de seguridade viaria e o uso seguro de vehículos e outros aparellos.

O material divulgativo ofrece consellos para a correcta manipulación, almacenaxe e xestión de envases e residuos dos produtos químicos.

Tamén se recollen aspectos relativos á manipulación manual de cargas relacionadas co embarazo e a lactación, sinalando aquelas situacións que se deben evitar como os traballos con calor ou frío extremo, con maquinaria, que supoñan sobreesforzo ou as xornadas prolongadas.

Os primeiros materiais da campaña xa se están a distribuír entre as explotacións galegas. Estase a entregar documentación técnica e material divulgativo en formato físico pero tamén está a dispor das persoas interesadas en formato dixital no apartado de documetación desta web.

Ligazón ao cartel

Ligazón ao tríptico

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS