Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña do ISSGA: “Corta o risco químico, peitea con seguridade”

23-03-2022 - ISSGA

O Issga deseñou documentación técnica que proporciona información ás persoas traballadoras dos salóns de peiteado e outros centros de beleza, axudándoas a identificar ingredientes potencialmente nocivos cos que traballan, así como prácticas inadecuadas e condicións non óptimas dos locais, co obxectivo de poder realizar as correspondentes correccións.

As persoas que traballan neste sector poden padecer patoloxías respiratorias e dermatite, que poden ter orixe alérxica debido ás substancias químicas presentes nos produtor que manipulan. Determinar a existencia deste risco en cada posto de traballo é unha obriga das empresas, para poder fixar medidas de prevención.

A campaña dos salóns de peiteado enmárcase no plan de actuacións do Issga para este ano, dirixidas a sectores específicos para que acaden unha verdadeira cultura da prevención.

Ligazón á Guía Corta o risco químico, peitea con seguridade -Documento técnico que ten como obxectivo a concienciación e integración da prevención do risco químico en salóns de peiteado e tratamentos de beleza polo uso continuo e cotiá de tinguiduras e outros produtos-.

Ligazón ao Cartel 1

Ligazón ao Cartel 2

Ligazón ao Cartel 3

Ligazón ao Cartel 4

 

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS