Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña de prevención de accidentes laborais debido a esvaróns e tropezos

12-02-2014 - EU-OSHA

O Comité de Altos Responsables da Inspección de Traballo (CARIT) decidiu levar a cabo durante 2014 unha campaña de prevención de accidentes laborais debido a esvaróns e tropezos sobre un chan plano. Trátase dunha campaña de inspección e información dirixida tanto a empregadores coma a empregados.

No marco da campaña informativa será desenvolvido un programa interactivo educacional
no que se describen situacións onde poden producirse descoidos e tropezos, así como
solucións para previlos, o programa da campaña para 2015, así como un póster
alegórico.

Esvaróns, tropezos e caídas son a maior causa de accidentes en todos os sectores
económicos, dende a industria pesada ata o traballo de oficina. Con eles está relacionado o
24% de todos os accidentes laborais.

De acordo á publicación "Causas e circunstancias dos accidentes de traballo na
UE" (publicada en 2008) as caídas en chans planos representan o 14% de todos os
accidentes que provocan ausencias superiores a 3 días. De acordo a información preliminar,
a devandita cifra era do 15% en 2010. Polo tanto, a maior parte das caídas ten lugar sobre
unha superficie plana.

As caídas sobre unha superficie plana son a causa máis frecuente de accidentes de traballo para
persoas de maior idade. O 27% das caídas sobre unha superficie plana como accidente de
traballo está relacionado con persoas con 45-54 anos de idade. O 33% das caídas sófrenas
persoas de 55-64 anos de idade, e o 45%, persoas de 65 anos de idade ou maiores.

Os esvaróns e tropezos poden ter consecuencias serias, causando lesións como
fracturas e conmocións. No 35% dos casos, a baixa laboral por incapacidade temporal dura
polo menos un mes.

Prevención de esvaróns e tropezos con NAPO

EU-OSHA enlace a páxina relacionada coa prevención de accidentes

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS