Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña Vision Zero a favor de cero accidentes, enfermidades e danos no traballo

20-10-2017 - AISS

A Asociación Internacional da Seguridade Social (AISS) lanza a súa primeira campaña mundial para mellorar a seguridade, a saúde e o benestar no traballo. A finalidade da campaña é involucrar a empresas de todo o mundo para reducir sistematicamente os accidentes e as enfermidades profesionais investindo nunha man de obra sa e motivada. Segundo o Presidente da AISS "os accidentes e enfermidades no lugar de traballo non son froito do destino nin son produto da mala sorte, senón que se resultan de causas específicas", "por iso todos os accidentes e enfermidades profesionais son previsibeis".

A campaña propón ás empresas sete regras de ouro e facilita listas de verificación, así como material de formación publicado no sitio web da campaña. Este material foi elaborado pola AISS xunto con expertos en prevención de empresas, autoridades e interlocutores sociais.

Segundo a investigación internacional da AISS sobre a rendabilidade da aplicación das sete regras de ouro, cada dolar investido en seguridade e saúde pode xerar un rédito económico de máis de dous dólares.

As sete regras de ouro propostas na campaña

  1. Asumir o liderado – amosar o compromiso
  2. Identificar os perigos – avaliar os riscos
  3. Definir metas – elaborar programas
  4. Garantir un sistema seguro e saudable – estar ben organizado
  5. Velar pola seguridade e a saúde nas máquinas, equipos e lugares de traballo
  6. Mejorar las cualificaciones – desarrollar competencias
  7. Invertir nas persoas, motivar a través da participación

Maís información www.visionzero.global

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS