Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña ISSGA: Redución dos accidentes non traumáticos no ámbito laboral

01-06-2022 - ISSGA

No ano 2021 houbo na Galiza 48 accidentes de traballo mortais en xornada laboral, dos que 25 (o 52%) tiveron a súa orixe en infartos, derrames e outras patoloxías non traumáticas. O feito de que se produzan en xornada é o que lles dá presunción de accidente de traballo. Este dato indica que é a primeira causa de morte no traballo tendo en conta os datos de accidentes de traballo rexistrados.

Neste momento é preciso, tamén dende o ámbito laboral, facer unha campaña de prevención cunha visión integral da saúde para a redución dos accidentes que teñen a súa orixe en infartos, derrames e outras patoloxías non traumáticas e que ocorren durante a xornada laboral.

Dentro dos aspectos a ter en conta para reducir os accidentes non traumáticos no ámbito laboral cabe resaltar: A necesaria boa xestión no centro de traballo dos riscos psicosociais (estrés, ansiedade, etc.) en canto a carga de traballo, xestión do tempo,... (Tras a etapa COVID afloraron moitas problemáticas neste sentido no ámbito laboral aínda sen resolver); A detección, prevención e a resolución de conflitos nos centros de traballo (violencia, acoso, etc.); Vixilancia da saúde obrigatoria nos centros de traballo; Adhesión ou execución pola empresa en colaboración cos traballadores de programas de promoción da saúde no traballo (que superen as obrigas en materia de prevención). Mellora da imaxe empresaria e por último, estilos de vida saudables a nivel individual e colectivo, que sin dúbida deriva dos programas anteriores e da responsabilidade individual.

En resumo, é preciso realizar esta campaña en primeiro lugar para mellorar a saúde persoal e reducir a sinistralidade laboral e en segundo lugar para promover accións rendibles e darlles información ás empresas que o necesiten, nunha etapa en constante cambio e caracterizado pola transformación dixital, o envellecemento da poboación traballadora, a incerteza e a inseguridade.

Ligazón á campaña Redución dos accidentes non traumáticos no ámbito laboral na páxina web do ISSGA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS