Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña ISSGA: Non caias da escada

20-04-2023 - ISSGA

Esta campaña, elaborada no seo do grupo de traballo de sinistralidade do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, ten como finalidade achegar información sobre os criterios de selección de escadas, as medidas preventivas antes do seu uso, como deben colocarse e usarse de xeito correctos, as indicacións para o seu traslado e almacenamento e os EPI que se van utilizar. Deste xeito, trátase de reducir a accidentabilidade laboral derivada das caídas de altura cando se realizan traballos nos que se utilicen as escadas

Só debes utilizar unha escada de man para ascenso e descenso a un determinado lugar cando, debido a que non se debe acceder periodicamente, non conta con medios de acceso permanentes para facelo: escadas fixas, escadas de servizo, escalas...

A utilización das escadas de man como postos de traballo deberá limitarse ás circunstancias nas que a utilización de outro equipo de traballo máis seguro non estea xustificado, polo baixo nivel de risco e/ou polas características da  localización. Esta xustificación deberá vir recollida na avaliación de riscos da túa empresa.

Ligazón ao Documento técnico

Ligazón ao Tríptico

Ligazón ao Cartel

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS