Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Cambia o nome do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo

18-07-2017 - Ministerio de Emprego e Seguridade Social

A través do Real Decreto 703/2017, de 7 de xullo, polo que se desenvolve a estructura orgánica básica do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, actualizase a denominación do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, que pasa a chamarse Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo, co fin, segundo se indica na nota de prensa que acompaña á aprobación do RD polo Consello de Ministros, de adaptar a denominación do INSHT "á demanda dunha sociedade cada vez máis sensibilizada coa seguridade e saúde no traballo como parte fundamental do benestar social". Un cambio de nome aludindo a unha situación de benestar laboral que non parece que se corresponda coa realidade laboral que padece o conxunto da clase traballadora...

Ligazón ao texto do Real Decreto 703/2017, do 7 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e se modifíca o Real Decreto 424/2016, do 11 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS