Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

As prioridades para o ano 2016 da Comisión Europea en materia de Seguridade e Saúde no Traballo

08-01-2016 - SAÚDE LABORAL

Facilitar o cumprimento de REACH e garantir que a lexislación sobre prevención de riscos laborais sexa viable e aplicada, protexer aos europeos/as contra os perigos dos disruptores endocrinos, revisión da lexislación sobre seguridade e saúde no traballo, incluídos os axentes canceríxenos e mutáxenos e a revisión da directiva sobre o desprazamento de traballadores/as son algunhas das accións que a Comisión Europea programa para este ano.

A Comisión Europea publicou o seu programa de traballo para 2016, que inclúe 40 accións REFIT -programa de Adecuación e Eficacia da Regulamentación da Comisión Europea que contempla medidas para simplificar a normativa da UE e reducir os custos que ocasiona, contribuíndo así a un marco regulamentario claro, estable, previsible e propicio ao crecemento e o emprego-.

Unha das accións REFIT programadas en materia de saúde e seguridade (SST) é facilitar o cumprimento de REACH e garantir que a lexislación sobre prevención de riscos laborais sexa viable e aplicada. Tamén en 2016, anunciouse que ía levar a culminar os complexos traballos preparatorios para protexer aos europeos/as contra os perigos dos disruptores endocrinos. A revisión da lexislación sobre seguridade e saúde no traballo, incluídos os axentes canceríxenos e mutáxenos, permitirá facer máis eficaz e eficiente un marco europeo modernizado para protexer aos traballadores e traballadoras. A Comisión tamén anuncia que presentará a revisión da directiva sobre o desprazamento de traballadores/as.

No seu programa de traballo de 2016, a Comisión publica unha lista de disposicións que entrarán en vigor dentro do ano. No campo da SST, debe terse en conta en particular a directiva 2014/34/UE relativa aos aparellos e sistemas de protección para uso en atmósferas potencialmente explosivas aplicable en abril de 2016,  a 2013/35/UE relativa ás disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á exposición dos traballadores aos riscos derivados dos axentes físicos (campos electromagnéticos) e derógase a Directiva 2004/40/CE.

A Confederación Europea de Sindicatos expresou "a súa preocupación acerca da intención de presentar a revisar a lexislación sobre saúde e seguridade no programa de reforma."

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS