Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

As mutuas seguirán sen poder dar tódalas altas médicas

11-01-2013 - Mutuas

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social está deseñando unha nova lei de Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais e previsiblemente o futuro texto legal non incluirá a principal demanda destas entidades: que os sus médicos den altas aos traballadores de baixa por enfermidade común.

Históricamente as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais  reivindicaron que os médicos que traballan para elas puideran dar altas médicas dos traballadores cando estos están de baixa por unha enfermidade común.

De feito, no Ministerio de Emprego están cociñando estos días unha nova lei que reformará a regulación destas entidades colaboradoras da Seguridade Social; e os dirixentes das mutuas intentan, unha vez máis, que o Goberno atenda esta reivindicación da potestade de dar altas médicas.

Sin embargo, parece que esta vez tampouco vai a ser. A pesares de que a propia ministra de Emprego, Fátima Báñez, se comprometeu a elo públicamente durante unha intervención na Xunta Directiva da patronal CEOE, na que está incluida a patronal das mutuas (AMAT), según aseguran fontes presentes  naquela reunión.

A predisposición de Báñez a incluir esta petición histórica das mutuas  topouse con problemas competenciais, xa que a competencia para dar altas médicas aos traballadores cando tiñen unha enfermidade común a teñen en exclusiva os facultativos dos servizos autonómicos de saúde  e os do Instituto Nacional de la Seguridad Social. E, segundo distintas fontes consultadas, á enorme dificultade legal de modificar esta competencia únese o feito de que non tódalas mutuas pola súa entidade terían a capacidade administrativa de otorgar ditas altas.

Pero na patronal das mutuas non entenden esta negativa do Goberno a entregarlles este poder. Os seus argumentos son claros: en primero lugar, os médicos destas entidades xa están autorizados a dar as altas aos traballadores cuando estos están de baixa por accidente laboral. E, en segundo lugar, esta medida propiciaría un grande aforro para as empresas e a Seguridade Social.

Segúndo os cálculos de AMAT, se a nova ley permitira ás mutuas dar altas médicas nos procesos de baixas por enfermidade común, optimizar os seus recursos sanitarios (facéndose cargo das probas diagnósticas dende o primeiro día, por exemplo), e adicar o 1% das cotizacións por continxencias profesionais a actividades preventivas con cargo ás cotizacións, as empresas aforrarían uns 5.360 millóns de euros ao ano e a Seguridade Social, outros 2.311 millones. O aforro total se a la lei atendera estas tres demandas sería duns 7.671 millóns anuais.

Este aforro chegaría fundamentalmente de acortar os períodos de baixa dos traballadores, algo para o que, segundo fontes de AMAT, é imprescindible que se cumpran as súas peticións na nova lei.

Pero os que están a traballar na norma parecen bastante inflexibles, sobre todo co tema das altas.

Outra cousa diferente é que sí se cumpran outras peticións orientadas a optimizar a xestión que fan estas entidades das baixas por enfermidade común dos trabajadores. Por exemplo, sí están buscando fórmulas para que poidan atender diagnósticamente dende o primeiro día da baixa estos procesos médicos nas súas propias instalacións e cos aparatos, adiantándose ás probas dos servizos da sanidade pública.

Asimismo poderían modificarse aspectos burocráticos dos que se queixan as mutuas como a realización de partes de confirmación da baixa cada sete días ou o prazo de 15 días que teñen os facultativos da sanidade pública para contestar ás propostas de alta que fan os médicos das mutuas.

Máis poder de xestión

En ambos casos dende Emprego estarían pensando en que, en lugar dos actuais partes de confirmación de baixas semanais, a mutua poida elaborar o seu propio plan de confirmación de baixas en función de cada enfermedade.

Asimismo, estudian acortar o prazo para que os médicos da sanidade pública contesten ás propostas de alta das mutuas, ainda que neste punto existe algunha dificultade administrativa.

Qué facer co diñeiro que sobra cada ano

A outra gran reivindicación destas entidades de cara á nova lei tiene que ver co seu financiamento e o diñero do que dispoñen.

"A nova lei ten que deixar moito máis claro que somos sociedades privadas, aínda que non teñamos ánimo de lucro e estemos tutelados e sometidos á vixilancia da Administración", asegura o director xerente da patronal das mutuas AMAT, Pedro Pablo Sanz.

Esto significa, entre outras cosas, que a lei debe regular  asuntos relacionados entre sí: cómo deben competir estas entidades entre elas e o establecemento duna fórmula segundo a cal, a lo menos parte dos excedentes anuais das mutuas revirtan en elas mesmas e, por ende, nas empresas que son os seus clientes.

Coa lei actual, as mutuas destinan o 50% dos seus resultados derivados de xestionar as cotas por continxencias profesionais (aquelas coas que se pagan as baixas por accidente laboral), unha vez cubertas as súas reservas, a dotar o Fondo de Prevención e Rehabilitación. As aportacións acumuladas en dito fondo sumaban o pasado año 5.335 millones de euros, e o Goberno o tivo que empregar a mediados do mesmo, por primeira vez e ante a falla de liquidez da caixa da Seguridade Social, para pagar a extra de verán dos pensionistas. Igualmente, o 100% do excedente das mutuas derivado da xestión da porcentaxe de cotizacións por continxencias comúns, coas que financian as baixas por enfermidades normais,  destinase ao Fondo de Reserva das Pensións. As mutuas  aportaron case 900 millóns.

Ante esta circunstancia, AMAT reclama que a nova lei inclúa unha fórmula para que as mutuas poidan dispoñer dunha parte dos seus excedentes para establecer un sistema de incentivos para as empresas para mellorar a siniestralidade, por exemplo.

En definitiva, que os excedentes provintes da boa xestión destas entidades revirta nos seús clientes para fomentar así a competencia, dado que os prezos e as prestacións están tasadas por lei. Ademáis os empresarios non perden de vista a posibilidade de baixar as cotizacións.

De momento, siguindo unha norma establecida en 2010 as empresas non se poden cambiar de mutua ata que non se coñezan os novos términos da competencia entre elas antes de agosto deste ano.

Fonte: cincodías.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS