Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

As competencias das mutuas no novo Real Decreto sobre xestión da incapacidade temporal

08-03-2013 - Mutuas

O Real Decreto que está sendo elaborado polo Goberno do Estado sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as competencias da Sanidade pública.

As Mutuas de Accidentes de Traballo son entidades formadas por asociacións de empresarios que teñen a consideración legal de carácter público, e con este Real Decreto ábrese a porta a que sexa o inicio da privatización da asistencia sanitaria dos traballadores como, no seu momento fixo a Lei 15/1997, de 25 de abril, sobre habilitación de novas formas de xestión da Sanidade Pública: Fundacións Sanitarias, contratos de colaboración Público-Privado, etc

Segundo este novo Real Decreto as mutuas manterán o seguimento da baixa laboral por enfermidades comúns e profesionais. Á vista dos exames poderán propor á administración dar o alta ao traballador, remitindo directamente, solicitude de informe as/os médicas/os de Atención Primaria, tendo estes una prazo de cinco días hábiles para contestar á solicitude da mutua. Cumprido o prazo sen resposta administrativa,entenderase que o traballador foi dado de alta con carácter definitivo.

Nos procesos por enfermidade común con unha duración estimada inferior a cinco días, o médico poderá emitir o parte de baixa e de alta no mesmo acto. Até 30 días,o traballador deberá pasar a primeira revisión cada sete día naturais.Os prazos de revisión ampliarase en función da baixa.

O traballador que non acuda ao recoñecemento médico ao que sexa citado, sen causa justificada, será dado de alta automaticamente e perderá a prestación.

A administración deberá comunicar o alta do traballador á mutua coa que estea a súa empresa o mesmo día que se produza.

 

Posibel vulneración da confidencialidade dos datos clínicos

 

Outro aspecto destacable do Real Decreto é que, coa escusa do control da prestación económica da Incapacidade Temporal, "preténdese conceder o acceso integral á Historia Clínica Electrónica para as entidades xestoras da IT, entre elas as Mutuas, desvirtuando o seu carácter clínico, ao servizo das e dos pacientes".

 

Pola contra, as historias das traballadoras e traballadores en mans do INSS e das Mutuas, que recolle boa parte da patoloxía laboral dos seus pacientes, permanece opaca para o Servizo Galego de Saúde dificultando así a detección da posible orixe profesional de moitas continxencias comúns.

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS