Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Alerta accidentes recorrentes: Escaleiras fixas

07-06-2023 - OSALAN

Osalan, co fin de concienciar da importancia da adopción de medidas preventivas para protexer a saúde das persoas traballadoras, está a realizar unha serie de fichas sobre accidentes recorrentes, de caracerísticas parecidas, que se repiten de maneira incesante, e que en moitas ocasións producen serios danos á saúde das persoas. Nestas fichas, tras a análise das principais causas que producen eses accidentes e enfermidades, propóñense unha serie de medidas preventivas para atallalos. Escaleiras fixas: na maioría dos casos, as lesións producidas son cualificadas como leves, aínda que tamén poden resultar graves

CAUSAS PRINCIPAIS IDENTIFICADAS

- RESBALÓN en banzos por chan deslizante, sucidade, humidade ou calzado inseguro (solas esvaradías, etc).

- MALA VISIBILIDADE por iluminación insuficiente.

- Subir/baixar os banzos de DOUS EN DOUS, SALTANDO, con PRÉSAS ou sen prestar ATENCIÓN.

- DESEÑO ou FORMA da escaleira inadecuados: banzos en voladizo ou sen contrahuella, escaleiras demasiado inclinadas, estreitas ou longas sen descansos, variación de anchura de pegada en escaleiras de caracol, VARANDAS débiles ou inexistentes (en escaleiras con algún lado aberto), NON dispoñer de PASAMÁNS, ...

- NON agarrarse ao pasamanos ou NON MIRAR no sentido da marcha.

- Trasladar CARGAS pesadas, de grandes dimensións ou con mal agarre ou que dificultan a visibilidade.

- Tentar SORTEAR obxectos que obstaculicen o tránsito.

- Escaleiras ou banzos en MAL ESTADO: pegadas desgastadas, rotas, non uniformes, , ou DESEÑO DEFICIENTE: pegadas demasiado curtas ou contrahuellas de altura non uniforme (demasiado altas ou baixas).

- Factores persoais ou exceso de confianza.

MEDIDAS PREVENTIVAS

- Manter escaleiras e rellanos LIMPOS e SECOS. En caso de chan mollado ou esvaradío, SINALIZAR. Colocar tiras antiescorregadizas en pegadas. Usar calzado antiescorregadizo.

- ILUMINAR suficientemente as zonas de escaleira.

- Subir/baixar os banzos dun NUN, SEN SALTAR, NIN CORRER e PRESTANDO ATENCIÓN.

- DESEÑO adecuado: Pegada 23-36 cm e contrahuella 13-20 cm, se non son de servizo. Ancho mínimo de escaleira 1 m (55 cm nas de servizo, fixas de uso pouco frecuente). A altura máxima entre descansos de escaleiras será de 3,7 m. PROHIBIDAS as escaleiras de caracol, salvo se son de servizo. As escaleiras de máis de 4 banzos con algún lado aberto terán VARANDAS resistentes neles. Se son pechadas, dispoñerán de PASAMÁNS nun lado, ou nos dous se a súa anchura é maior de 1,2m.

- AGARRARSE ao pasamáns ao subir/baixar. MIRAR sempre no SENTIDO da MARCHA.

- Non trasladar CARGAS pesadas, con mal agarre, nin demasiado voluminosas que non permitan ter boa visibilidade.

- MANTER a escaleira LIBRE DE OBXECTOS.

- Revisar periodicamente e manter en PERFECTO ESTADO a escaleira e todos os seus elementos. Establecer un procedemento de COMUNICACIÓN de incidentes, detección de danos ou aspectos de mellora.

- Realizar periodicamente actuacións ou sesións de CONCIENCIACIÓN (formación e información) sobre o uso apropiado de escaleiras (charlas, cartelería....).

Ligazón á ficha: "Alerta accidentes recorretes: Escaleiras fixas" , "Aletak. Istripu Errepikatuak. Eskailera finkoak"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS