Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Actualización da Guía para a xestión preventiva das instalacións dos lugares de traballo (Equipos a presión)

29-09-2023 - INSST

O motivo desta actualización é o de incorporar as modificacións introducidas polo novo Regulamento de equipos a presión e as súas instrucións técnicas complementarias, aprobado por Real Decreto 809/2021, do 21 de setembro, que considera a nova normativa europea e, en concreto, a Directiva 2014/68/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa á harmonización das lexislacións dos Estados membros sobre a comercialización de equipos a presión, transpuesta ao noso ordenamento xurídico a través do Real Decreto 709/2015, do 24 de xullo

O documento “Guía para a xestión preventiva das instalacións dos lugares de traballo” selecciona once instalacións de servizo ou protección de entre todas as posibles, como as de uso máis estendido nun lugar de traballo xa sexa a súa actividade industrial ou non.

Para cada unha das instalacións seleccionadas, o documento resume e simplifica as súas distintas fases polas que pasan desde que se deseñan ata que se poñen fóra de uso ou se desmantelan, segundo os requisitos establecidos na normativa de seguridade industrial. Ademais na guía indícanse os diferentes aspectos que un técnico de prevención pode controlar para asegurar que se cumpren os aspectos normativos máis relevantes relacionados coa posta en funcionamento, a conservación e o bo uso da instalación e, por tanto,  coa seguridade dos traballadores afectados pola presenza das mesmas nos lugares de traballo.

Para cada instalación inclúese un diagrama de fluxo final que resume o contido dos requisitos legais que lle aplican de forma esquemática e visual.

Cada instalación pode descargarse e imprimirse de forma independente facilitándose así a súa actualización e utilización.

Ligazón á Guía para a xestión preventiva das instalacións dos lugares de traballo.


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS