Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Acordo para a modificación da Directiva sobre carcinóxenos

12-12-2018 - CONSELLO DE MINISTROS DA UE

Os ministros da UE e o Parlamento Europeo alcanzaron o consenso necesario que permitirá incorporar oito substancias nocivas á directiva sobre cancerígenos e mutágenos e a modificación da lexislación para introducir límites máximos de exposición en varios casos.

Trátase de substancias que sobre todo inhalan e que afectan as industrias metalúrxica, química, mineira, automobilística, construción, así como a condutores/ as  profesionais e empregados/ as en portos. Segundo a Comisaria de Emprego e Asuntos Sociais, “Estas medidas permitirán protexer mellor a 20 millóns de empregados/ as en Europa”.

O acordo final debe ser validado polo Consello e o Parlamento Europeo. Unha vez sexa publicado, entrará en vigor e os países membros da UE terán ata dous anos para adaptar as súas normativas a ese contido. Ademais, o pacto establece que os sectores económicos terán un período de graza para  amoldarse aos requirimentos. Este tempo será, en xeral, de dous anos, pero no caso da construción e a  minería chegará ata cinco, segundo fontes comunitarias.

As substancias afectadas pola modificación da directiva son o cadmio, berilio, acedo arsénico, formaldehido, unha variedade de metileno, aceites de motor usados, fumes diesel e benzopirenos.

Fontes: prevencionar.com, elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS