Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Abordar a relación entre os riscos psicosociais no traballo e as enfermidades cardiovasculares: menos estrés para un corazón san

06-03-2023 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Máis de catro de cada dez persoas traballadoras europeas afirman que os seus niveis de estrés laboral aumentaron debido á pandemia. Esta tensión, xunto con outros factores de risco psicosocial, como a inseguridade laboral, as longas horas de traballo e o acoso, aumentan o risco de sufrir enfermidades cardíacas e accidentes cerebrovasculares. O documento «Os vínculos entre a exposición a factores de risco psicosocial relacionados co traballo e as enfermidades cardiovasculares» presenta a relación entre ambos e ofrece recomendacións sobre como previlos.

Aínda que, en xeral, a poboación activa goza dunha mellor saúde que as persoas alleas ao mercado laboral, os lugares de traballo tamén poden provocar ou empeorar enfermidades.

Máis de catro de cada dez persoas traballadoras europeas afirman que os seus niveis de estrés laboral aumentaron debido á pandemia. Esta tensión, xunto con outros factores de risco psicosocial, como a inseguridade laboral, as longas horas de traballo e o acoso, aumentan o risco de sufrir enfermidades cardíacas e accidentes cerebrovasculares. 

O novo documento da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo «Os vínculos entre a exposición a factores de risco psicosocial relacionados co traballo e as enfermidades cardiovasculares» explora a relación que hai entre os factores de risco psicosociais e un incremento do risco de padecer enfermidades cardíacas ou derrames cerebrais. Examina os efectos directos que poden ter os mecanismos de estrés sobre o sistema cardiovascular e ata que puntoo estrés relacionado co traballo e a súa incidencia nuns hábitos de vida pouco saudables poden afectar á súa vez á saúde cardiovascular. O documento tamén analiza como unha contorna de traballo psicosocialmente favorable pode contribuír a protexer fronte ás enfermidades cardiovasculares.

Un enfoque global que combina unha contorna de traballo que apoie ás persoas xunto cun estilo de vida saudable é a combinación gañadora para a protección contra as enfermidades cardiovasculares.

Ligazón ao documento «Os vínculos entre a exposición a factores de risco psicosocial relacionados co traballo e as enfermidades cardiovasculares» -en inglés-

Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS