Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

A xestión da SST nos sectores da hostalería e a restauración

04-04-2023 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A hostalería e a restauración son sectores esenciais para a economía da UE e o 98 % das empresas dedicadas a iso son microempresas familiares. Os riscos para a seguridade e a saúde no traballo neste sector son numerosos e engloban desde movementos repetitivos de mans e brazos, resbalóns, tropezóns e caídas, e riscos de accidentes con máquinas, ata riscos psicosociais asociados á atención da clientela e prazos axustados. As avaliacións de riscos periódicas que se realizan neste sector sitúanse lixeiramente por baixo da media da UE, pero as cifras varían enormemente dun Estado membro a outro

A Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER) da EU-OSHA profunda nesta cuestión e analiza como xestionan as organizacións europeas os riscos para a seguridade e a saúde no traballo no sector da hostalería e a restauración.

O informe presenta unha análise exhaustiva das conclusións da enquisa ESENER con respecto a este sector, así como un estudo da bibliografía e entrevistas cos axentes sociais sectoriais. Sobre esta base, no informe inclúense medidas sectoriais específicas para mellorar a xestión de riscos nos servizos da hostalería e a restauración, indicadores políticos e unha análise do impacto da COVID-19.

O traballo no sector da hostalería e da restauración: datos de ESENER

O número de riscos para a seguridade e a saúde no traballo (SST) no sector da hostalería, que evoluciona a un ritmo rápido, é case infinito. Entre outros, inclúense os riscos ergonómicos, a temperatura e os contaminantes do aire, os resbalones/tropezones/caídas, as substancias perigosas e os riscos para a seguridade, así como os riscos psicosociais, incluída a atención continua aos clientes e unha elevada carga de traballo e a presión exercida para cumprir prazos axustados nos momentos de máis actividade.

Neste informe da EU-OSHA destácanse as medidas sectoriais específicas para mellorar a xestión de riscos, incluída a participación do persoal, así como o impacto da pandemia de COVID-19. 

Ligazón ao informe e o resumo O traballo no sector da hostalería e da restauración: datos de ESENER

Ligazón ao folleto “Comprendes como se xestionan a seguridade e a saúde nos lugares de traballo europeros”,para obter máis información sobre a enquisa.

Así mesmo, o noso proxecto OiRA conta cunhas 25 ferramentas de avaliación de riscos en liña para o sector HORECA.

EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS