Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A protección de datos en prevención de riscos laborais

10-09-2012 - AEPD

En 2009, La Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) editou a Guía "A protección de datos nas relacións laborais" na que se unifican varios dos conceptos, informes xurídicos e resolucións da AEPD acerca da protección de datos persoais nas relacións entre empresas e traballadores.

Con esta guía trátase de examinar aspectos da protección de datos que, ou ben resultan fundamentais dende o punto de vista da aplicación e o cumprimento normativo, ou ben formularon dificultades de interpretación ou aplicación practica.

A Guía está dividida en catro bloques: Recursos humanos, Prevención de riscos laborais, Controis empresariais e Relacións cos sindicatos.

Tamén engade unha sección sobre os deberes dos traballadores que acceden a datos de carácter persoal no exercicio das súas funcións dentro da empresa.

Dende os seguintes enlaces podes acceder á Guía "A Protección de Datos nas Relacións Laborais" e a páxina da Axencia Española de Protección de Datos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS